
As primeiras novas histórícas achegan datos de antigos poboamentos neste concello. Neste extenso espazo de terra hai varias mostras da época Megalítica, da Idade do Bronce, do mundo castrexo, romano e medieval Destacan as mámoas localizadas nas paraxes da Medorra e do Val da Lagoa. Os achados de estelas, menhires, míliarios, gravados rupestres, etc. trasládannos aos máis lonxanos tempos.
O mundo castrexo e o romano mestúrase e dáse a man en castros e asentamentos de penichaira como os da Ribeira (A Gudiña); Tralocastro (Pentes); O Castro (A Barxa); O Castro (San Lourenzo); O Circo, As Muradellas, As Carbizas (O Tameirón), etc. O minerío no Pico Sagro (A Gudiña); Pentes; Barxa; O Tameirón, enlaza con ese antergo mundo.
Moitos son os edificios relacionados co patrimonio eclesiástico, as igrexas de San Martiño e San Pedro na Gudiña (séc. XVII-XVIII)); Santa María do Tameirón (séc. XVIII); Santa María do Canizo (séc. XVIII); San Xoán da Barxa (séc. XVIII); San Mamede de Pentes (sec. XVIII); San Lourenzo (Séc. XVIII-XIX); Santiago de Carracedo (séc. XVIII) ... todas con interesante fábrica, retábulos e imaxes.
Destacan tamén outras construccións como o Pazo do Seixo e o do Tameirón, e as de tipo popular como poden ser os muíños, fomos, fontes, pontes, espalladas por tódolos lugares do concello.
Na historia local sobrancean dous persoeiros de notable relevancia, o Beato Sebastián de Aparicio e San Francisco Blanco. O primeiro nace na Gudiña, o 20 de xaneiro de 1502 no seo dunha familia labrega, humilde. De neno cura milagrosamente da peste que por aquela asolaba a contorna. Con 15 anos traballa na Casa Grande de Fumaces(Riós), e con 20 abandoa Galicia coa intención de viaxar ao Novo Mundo recén descuberto; pasa por Salamanca, Estremadura e Andalucía, onde embarca cara México. Aí desenrolou unha labor exemplar como transportista, gandeiro, construtor de vías de comunicación e relixioso franciscano. Morreu o 25 de febreiro de 1600. San Francisco Blanco nace no Tameirón, en 1570. Estuda no colexio Xesuíta de Verln e logo na universidade de Salamanca. Madurada a súa vocación de franciscano, emprende viaxe cara ás Indias, e chega a Nagasaki, no lonxano Xapón. Comeza unha forte persecución contra os cristiáns SÓ había cinco meses que pisara aquelas terras cando o 5 de febreiro de 1597 foi crucificado xunto con outros relixiosos. Son os protomártires do Xapón. O 8 de xuño de 1862, o Papa Pío IX canonizouno.

32540 A Gudiña. Ourense
Tel.988 421 195


